Saltar ao contido
Bouba

Vinculeiras

Daquela viñeron elas, e vestíronnos de ritmos e tonadas vellas de xente vella. Déronnos o seu tempo, e os seus traxes, que agora tocan outra pel, a nosa. E tamén as súas voces: “Campades que rabeades!” e todas sentimos unha fachenda que enche o peito.

Elas aprendéronnos o mellor; a alegría e a forza para defender o noso, con dignidade. E foi así como corremos o frío e collemos camiño(s) cunha pandeireta debaixo do brazo, libres, e con moito que dicir. Porque somos festa, somos Bouba, mulleres do norte, de terras de muiñeira cabalgada e pateado. Aprendemos o esquecido e a forza de patadas trouxémolo aquí, ao hoxe, para non deixalo marchar.

Nin a lingua nin a música morrerán con elas porque do outro lado da cadea estamos nós, conscientes e orgullosas, resistindo.
Nós, hoxe, somos Vinculeiras. Outras han de vir.
Ferro a fondo nenas, que hai camiño que andar.

Festa a nosa e terra a presas!

O disco

Portada de Vinculeiras: unha moto parada nunha pista entre prados

Vinculeiras

Abrir en Bandcamp

Ao premer, o reprodutor cárgase desde Bandcamp, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.

Animación: o disco de Vinculeiras, feito de retallos de tea, dando voltas.
  • Elas

    Reproducir: Vinculeiras
    Vinculeiras
  • A festa final

    Reproducir: 20 maio — Última viaxe das Vinculeiras
    20 maio — Última viaxe das Vinculeiras

Ao premer, o reprodutor cárgase desde YouTube, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.