Saltar ao contido
Bouba

Nós

  • Quen somos

    Reproducir: Bouba — Presentación
    Bouba — Presentación
  • Que é a bouba

    Reproducir: A bouba
    A bouba

Ao premer, o reprodutor cárgase desde YouTube, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.

Que facemos

Tocamos e cantamos e levámo-la música e a alegría a canda nós. Andamos inxeles no torreiro e lucimos espléndidas no escenario.

Témo-la gracia de saber adaptarnos a cada ocasión, para cada momento temos a palabra xusta e a cantarea máis acaída.

Funcionamos nas festas de cultivo extensivo e moito máis nos recunchos, no próximo, no minifundio artístico. O éxito está asegurado, festeiras nas festas, elegantes a cada paso, a quinta esencia da música tradicional.